Benvidas e benvidos
O Grupo A Misela é unha formación musical con sede en Noia, creada no ano 2011, especializada na interpretación de música popular iberoamericana e galega.
Baixo a dirección musical do Prof. Alejandro Guillermo, o grupo combina voces masculinas con acompañamento instrumental, creando unha sonoridade única e emotiva.
A Misela ofrece concertos dentro e fóra de Galicia, levando sempre connosco a emoción e a irmandade cultural que caracteriza a nosa música.